O Dépor comeza a era Hidalgo con 31 xogadores
Os branquiazuis comezan a pretemporada con probas médicas e dobre xornada de adestramentos
Adrián Guerrero, o único fabrilista citado
O Dépor arranca a primeira semana de traballo ás ordes de Antonio Hidalgo. Os futbolistas están citados pola mañá para someterse ás habituais probas médicas no Hospital Quirón, así como aos test físicos previstos nas instalacións de Abegondo. A actividade continuará pola tarde, a partir das 18.00 horas, co primeiro adestramento oficial da temporada 2025/26.
Entre os 31 xogadores citados, destaca a presenza de Adrián Guerrero, único futbolista do Fabril, xunto cos dous novos reforzos xa confirmados: Arnau Comas e Lucas Noubi.
Nesta primeira semana, Hidalgo dispuxo de sete sesións de traballo, dúas de elas desenvolveranse en horario vespertino e unha incluirá doble xornada de traballo.
Calendario de amigables
O club ten pechados os tres primeiros partidos da pretemporada. O mércores 23 de xullo, o Dépor enfrontaráse ao SD Compostela no Estadio Verónica Boquete. Sete días despois viaxará a Inglaterra para medirse ao Watford. Finalmente, o 2 de agosto xogará contra o Middlesbrough na casa do conxunto inglés