Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas clasifícase para a terceira rolda de Wimbledon

Jessica Bouzas clasifícase para a terceira rolda de Wimbledon

A arousá venceu en dous sete a estadounidense Sofía Kenin, cabeza de serie número 28

Na seguinte rolda vai xogar contra a ucraína Yastremska, que eliminou a Gauf na estrea

Foto: EFE
G24.gal 03/07/2025 20:20

Jessica Bouzas clasificouse en dous sets para a terceira rolda de Wimbledon, logo de gañar o seu partido da segunda rolda contra a norteamericana Kenin, cabeza de serie número 28. Desde o empate a uns no primeiro set, a vilagarciá non lle deu opción á súa rival, conectando cinco xogos consecutivos para levar a manga por 6 a 1.

Na segunda pasou por un mal momento logo de ir gañando 3-5. Kenin remontou e colocouse 5 a 6, pero Jessica Bouzas forzou a morte súbita e acabou gañando por 7-4. Na terceira rolda vaise medir coa ucraína Dayana Yastremska, a xogadora que eliminou a Coco Gauf na primeira eliminatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade