Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlo Ancelotti, condenado a 1 ano de prisión por fraude

Carlo Ancelotti, condenado a 1 ano de prisión por fraude

Foi condenado por un delito no exercicio fiscal do ano 2014, pero absolto doutro no ano 2015

Ademais debera aboar unha multa de 386.361,93€ 

G24.gal 09/07/2025 16:14 Última actualización 09/07/2025 16:33

O exadestrador do Real Madrid e actual seleccionador de Brasil, Carlo Ancelotti, foi condenado a un ano de prisión por un delito contra a Facenda Pública relacionado co exercicio fiscal 2014, mentres que foi absolto doutro igual correspondente ao ano 2015. Fontes xurídicas informaron a EFE que a sección 30 da Audiencia Provincial de Madrid condénao, en relación á fraude de 2014, e tamén a unha multa de 386.361,93 euros e a perda da posibilidade de obter axudas ou subvencións públicas e o dereito para gozar dos beneficios ou incentivos fiscais ou da Seguridade Social durante tres anos.

Aínda que foi absolto dunha presunta fraude no IRPF en 2015, o tribunal establece que a responsabilidade civil derivada da pena declárase en favor da Facenda Pública. A Fiscalía acusaba o extécnico do Real Madrid de defraudar o servizo público 1.062.079 euros entre os exercicios fiscais de 2014  e 2015 durante a súa primeira etapa no Real Madrid.

Durante o xuízo, celebrado os pasados 2 e 3 de abril na Audiencia madrileña, Ancelotti dixo que nunca pensou en defraudar a Facenda e que el fixo o que lle dixeron o club e os seus asesores, pediu a súa absolución e, en caso de ser condenado, solicitou que se lle aplicasen as circunstancias atenuantes de reparación do dano, ao liquidar a débeda con data de decembro de 2021, e de dilacións indebidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade