Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vilagarciá Jéssica Bouzas pasa á segunda rolda de Wimbledon

A vilagarciá Jéssica Bouzas pasa á segunda rolda de Wimbledon

A alemá Ella Seidel escordou un nocello no segundo set e tivo que retirarse

Verase as caras coa estadounidense Sofia Kenin, número 28 do ranking WTA

G24.gal 02/07/2025 10:24

Jéssica Bouzas estreouse con bo pé en Wimbledon tras clasificarse para a segunda rolda debido á retirada por lesión de Ella Seidel no segundo set. Aínda que a xermana recibiu atención médica e intentou volver ao partido cunha vendaxe, non lle resultou posible e decidiu abandonar despois dunha hora e dez minutos de encontro. O duelo finalizaba cando o marcador era de 6-3 e 3-2 para a galega

Bouzas, número 62 do mundo, enfrontarase a Sofia Kenin, vencedora do Open de Australia e actual 28 WTA. A de vilagarcía buscará repetir a actuación da pasada edición, onde alcanzou a terceira rolda tras sorprender a Marketa Vondrousova e a Cristina Bucsa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade