Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coco Gauff, campioa do Roland Garros

Coco Gauff, campioa do Roland Garros

G24.gal 07/06/2025 21:19

E a estadounidense Coco Gauff logrou o triunfo na gran final de Roland Garros. Superou a bielorrusa Aryna Sabalenka en tres sets.

O primeiro foi moi disputado e chegou ao tiebreak, no que Sabalenka conseguíu impoñerse por un axustado sete a cinco. Pero Gauff non se veu abaixo e protagonizou un gran segundo set no que non lle deu opcións á súa rival. Un contundente seis a dous fala da superioridade da norteamericana na segunda manga. E así chegouse á terceira e definitiva, na que Sabalenka foi sempre a remolque, aínda que mantivo as súas opcións. Coco Gauff aproveitou a súa segunda bóla de partido para vencer por seis a catro e facerse co seu segundo Gran Slam.

A número dous do mundo superou a número un logo dun grande encontro. Mañá será a final masculina, tamén entre os dous primeiros do ranking. Sinner e Alcaraz pelexarán polo título. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade