Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo, finalista da OK Liga logo dun agónico triunfo en Reus (4-5)

O Liceo, finalista da OK Liga logo dun agónico triunfo en Reus (4-5)

Un gol de Dava Torres a tres segundos do final permitiulle forzar a prórroga

Nil Cervera anotou o gol do triunfo que resolveu a eliminatoria nos tres primeiros partidos

O Barcelona, que lle gañou ao Calafell, será o rival do equipo galego

G24.gal 06/06/2025 23:23

O Liceo ten máis vidas que un gato. No primeiro partido forzou a prórroga cun gol a vinte segundos do final. No terceiro partido da eliminatoria quixo ir máis aló e conseguiu levar á prórroga o partido cun gol de Dava Torres cando só quedaban tres segundos para o remate. Será unha das xogadas da temporada a que lle permite ao conxunto liceísta seguir soñando co título da OK Liga. 

Xogou unha boa primeira parte o Liceo que foi por diante ata en dúas ocasións cos goles de Bruno Saavedra e Dava Torres. Pero o goleador catalán Martí Casas puxo o empate no descanso (2-2). Na segunda parte o capitán do Reus Joan Salvat fixo un dobrete para poñer o partido moi complicado. Parecía que o cuarto encontro era un feito pero Xaus deu vida cunha falta directa ... E Dava Torres empatou nunha desas accións que se lembrará durante moito tempo. 

No tempo suplementario o Reus quedou tocado polo gol e por unha expulsión. En inferioridade o Liceo aproveitou para marcar o gol da vitoria (4-5), obra de Nil Cervera, e sentenciar unha eliminatoria complicadísima pola vía rápida (3-0). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade