Cargando resultados...
O Liceo bota a andar con catro fichaxes e moita ambición
Blai Roca, Nuno Paiva, Toni Pérez e o regreso de Tombita tras a cesión completan un cadro moi competitivo
G24.gal
11/08/2025 15:25
Púxose en marcha o Liceo 25-26. Primeiro día de traballo para o equipo que dirixe Juan Copa. Sen os internacionais Blai Roca e Céar Carballeira, que están coa selección, e sen Tombita, que se atopa en fase de recuperación.
Copa traballará no inicio da pretemporada con oito xogadores do primeiro equipo e con Jaime, Iago e Markel das categorías inferiores completando os adestramentos. Entre as novidades para esta campaña destaca o regreso de Toni Pérez, a fichaxe do referido porteiro Blai Roca ou a do ex-xogador do Lleida Bruno Paiva.