Liceo e Reus xogan un duelo de categoría decidido a prol dos coruñeses (4-3)
Nil Cervera marcou o tanto do triunfo a dous minutos do final
Dobrete de Toni Pérez
O Liceo e o Reus xogaron un gran partido no Pazo dos Deportes de Riazor. Dous equipos que pelexan no máis alto da clasificación e que libraron un duelo de poder a poder decidido a prol dos coruñeses cun gol de Nil Cervera a dous minutos do final (4-3).
Adiantouse o Reus cun gol de Salvat pero Nuno Paiva conseguiu empatar xusto despois. Con ese resultado chegouse ao descanso. Parecía encamiñar o equipo local o partido cun dobrete de Toni Pérez (3-1). A reacción do Reus foi letal e con tantos de Pol Martínez e Guillem Jansá puxeron o empate (3-3) a seis minutos do final.
Quedaba o momento estelar do partido co tanto de Nil Cervera a dous minutos para o remate co que o Liceo supera ao Reus na clasificación da OK Liga (17 puntos o Liceo e 16 o Reus).