Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo non pode en Barcelos co Campión de Europa (3-1)

O Liceo non pode en Barcelos co Campión de Europa (3-1)

Primeira derrota europea do equipo herculino

Nil Cervera puxo por diante os seus pero o Barcelos remontou na segunda metade

@HockeyClubLiceo @HockeyClubLiceo
G24.gal 20/11/2025 23:07

O Liceo encaixou a súa primeira derrota nesta edición da WESCL tras caer en Barcelos ante o Campión de Europa. Os de Juan Copa deron boa imaxe e xogaron de ti a ti ó poderoso equipo portugués que acabou volteando o marcador na segunda metade.

A primeira metade foi igualada. O Liceo conseguiu poñerse por diante tras un bo roubo de Nil Cervera que finalizou o propio xogador catalán. O Liceo defendíase con orde e tentaba aguantar a excesiva agresividade do equipo portugués. Pero os lusos conseguiron igualar corenta segundos antes do descanso. Unha bola mal defendida polo equipo coruñés foi aproveitada por Miguel Rocha para levar o partido en táboas á segunda metade.

Despois do intermedio o Barcelos acrecentou os eu dominio. E nun minuto anotou dous goles que deixaron o partido case sentenciado. Vieirinha e Pedro Silva colocaron o 3 – 1 no marcador. Jacobo Copa topou co ferro na mellor ocasión dos liceístas que tamén desaproveitaron un penalti para reducir diferenzas. 

Con este marcador ambos equipos igualan na táboa cunha vitoria e unha derrota nas dúas xornadas disputadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade