Publicador de contidos

Publicador de contidos

Louzán, sobre a candidatura de Riazor: "Na Coruña tiña uns deberes que non fixeron"

Louzán, sobre a candidatura de Riazor: "Na Coruña tiña uns deberes que non fixeron"

Tamén falou sobre Balaídos: "Vai ter 30.000 espectadores e precisa 13.000 máis"

A FIFA revisará desde este luns as sedes do Mundial 2030 en España 

Foto Deportivo
G24.gal 10/03/2026 12:27 Última actualización 10/03/2026 12:41

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, falou este luns o seu silencio sobre a polémica das sedes galegas para o Copa Mundial da FIFA 2030 e respondeu ás críticas do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Nunha entrevista na Ser, Louzán cualificou de “polémica interesada” as acusacións chegadas desde Vigo e acusou a Caballero de levar o debate ao terreo político.

"Quere sacar un rédito político da situación".

Segundo explicou, a exclusión do estadio de Balaídos da lista de sedes estaría relacionada coa falta de capacidade suficiente, xa que a FIFA esixe arredor de 43.000 espectadores para acoller partidos do Mundial.

Mentres tanto, o rexedor vigués mantén a súa ofensiva contra a federación e insiste en que a cidade foi apartada de forma irregular do proceso, chegando incluso a ameazar con acudir aos tribunais. Caballero sostén que Vigo figuraba nun primeiro listado de sedes que posteriormente foi modificado e reclama que se fagan públicos os criterios e puntuacións empregados.

A polémica tamén ten derivadas territoriais en Galicia, xa que a candidatura de A Coruña, co estadio de Riazor, si forma parte das sedes seleccionadas, o que intensificou o enfrontamento político e institucional arredor da elección das cidades anfitrioas. Polo que di Louzán, Coruña afasta a súas posibilidades de ser sede.

"A Coruña tiña uns deberes que non fixeron".

Por outra banda, unha delegación da FIFA estará en España desde este luns e durante dúas semanas para visitar, xunto á Real Federación Española de Fútbol (RFEF), as sedes previstas para o Mundial de 2030, que España organizará xunto con Portugal e Marrocos. A delegación de traballo, segundo comunicou a RFEF, manterá "encontros con representantes do Goberno de España, clubs e cidades candidatas a ser sede". A visita ten como obxectivo coñecer de preto os preparativos para a cita mundialista.

O proceso de selección das cidades que serán sedes aínda está aberto e a decisión última é da FIFA. Na candidatura presentada #ante FIFA para organizar a competición, aparecían como sedes Anoeta (San Sebastián), Camp Nou (Barcelona), Gran Canaria (As Palmas), A Cartuxa (Sevilla), A Rosaleda (Málaga), Metropolitano (Madrid), Nova Romareda (Zaragoza), RCDE Stadium (Barcelona), Riazor (A Coruña), San Mamés (Bilbao) e Santiago Bernabéu (Madrid). A Rosaleda renunciou formalmente en 2025 ao non poder comprometerse a terminar as obras de remodelación a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade