Cargando resultados...
Escenario complicado para o Liceo, que visita a pista do Barcelos, vixente campión de Europa
Dava Torres: "Vai ser importante gañar porque vai estar o grupo igualado"
Foto Liceo
G24.gal
20/11/2025 11:59
Última actualización 20/11/2025 12:16
O Liceo ten un escenario complicado no seu intento de manter o pleno no Grupo B, xa que visita ao campión de Europa, o Barcelos, que chega ferido tras caer na estrea da defensa do título ante o Sporting (4-3).
Dava Torres: "Vai ser importante gañar porque vai estar o grupo igualado. Imos con moita ilusión".
O Liceo, pola súa banda, tirou de experiencia e madurez para dobregar ao Oliveirense en Riazor (3-2), sumando tres puntos de ouro nun esixente grupo onde cada detalle pode resultar decisivo na loita por un billete entre os oito mellores de Europa.