Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mus Barro, reforzo para a pintura do Leyma Coruña

Mus Barro, reforzo para a pintura do Leyma Coruña

É un pivote con ficha cotonú, formado en España e cunha traxectoria ascendente nas ligas do noso país desde a tempada 2016-17

G24.gal 08/12/2025 16:07 Última actualización 08/12/2025 16:11

O Club Básquet Coruña anuncia a incorporación dun novo xogador ao primeiro equipo para esta tempada 25-26. Serigne MM Sy Dit Dyamil Barro, coñecido como Mus Varro (Pikine, Senegal, 17 de novembro de 1995, 208 cm) é un pivote con ficha cotonú, formado en España e cunha traxectoria ascendente nas ligas do noso país desde a tempada 2016-17, ademais de contar con experiencia internacional.

Tras o seu paso por equipos como o Isover Basket Azuqueca (2016-17), CB Ciudad de Ponferrada (2017-18), A Roda (2018-19) e CD UDEA Alxeciras (2019-20), na tempada 2020-21 deu o salto á LEB Oro con CB Tizona Burgos, onde destacou como un dos xogadores máis valorados da competición. Posteriormente, fichou polo portugués FC Porto e por Palencia Baloncesto (2021-22), e máis tarde polo STB Lle Havre francés (2022-23), onde asinou a súa mellor tempada ofensiva, tras un breve paso polo Gaiteiros de Zulia (Venezuela) no inicio desa tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar