Cargando resultados...
O Liceo 2025-26 xa roda na Coruña cun importante salto de calidade
Blai Roca, Nuno Paiva, Toni Pérez e Fran Torres, incorpóranse á disciplina liceísta
G24.gal
22/07/2025 16:11
Última actualización 22/07/2025 16:16
O Liceo 2025-26 xa roda na Coruña. Tras o anuncio das camisetas que vestirán o equipo na próxima campaña, a entidade verdibranca presentou os catro novos ases do seu persoal. Blai Roca, Nuno Paiva, Toni Pérez e Fran Torres incorpóranse á disciplina liceísta para dar un salto de calidade ao grupo e loitar por gañar títulos no Palacio dos Deportes.
"Foi moi fácil negociar con todos eles, están aquí porque querían xogar no Liceo", recoñeceu o director deportivo do club colexial, Antón Boedo.
Boedo sinalou que as novas caras chegan "nun momento moi chulo" para a entidade, que está a iniciar un novo ciclo gañador.