Cargando resultados...
O Liceo non ten marxe de erro ante un Barcelona preto do título
Ciocale apela á fortaleza mental: "A serie segue aberta"
G24.gal
19/06/2025 13:56
Última actualización 19/06/2025 14:06
Non lle queda outra ao Liceo que gañar mañá en Riazor. Gañar para prolongar a final da OK Liga e para forzar o cuarto partido. Os liceístas acaban de perder dous partidos seguidos en Barcelona. Ciocale apela á fortaleza mental
"Estamos preparadísimos, mentalmente con moitas ganas".
"Hai final. Precisamos que a xente tamén o crea porque son o motor que nos impulsa. A serie segue aberta".
A final é ao mellor de cinco encontros. Doce goles encaixados do Liceo en dous duelos. Moita ferida para un equipo afeito a tirar de carácter e orgullo.