Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia lidera a selección española nos Mundiais de piragüismo de Milán

Galicia lidera a selección española nos Mundiais de piragüismo de Milán

Dos 39 convocados para a gran cita deste 2025 en augas tranquilas hai catorce galegos

G24.gal 19/08/2025 20:52

Galicia volve a liderar a selección española de piragüismo na gran cita deste 2025, os Mundiais que se van celebrar desde o 20 de agosto en Milán, a carón do aeroporto de Linate. O equipo parte coa ilusión de estar preto das trece medallas acadadas en Duisburgo 2023, o derradeiro Mundial. Daquela foran 3 ouros, 5 pratas e 5 bronces. 

O betanceiro Carlos Arévalo e o cangués Rodrigo Germade volven formar parte do K4 500, barco estrela da selección española. Son os dous que sobreviven ás últimas citas nun bote renovado. O tomiñés Roi Rodríguez será o que compita no K1 1000 metros. Os galegos serán os grandes especialistas na canoa con Manuel Fontán (c1 500), Pablo Crespo (c1 1000) nos barcos individuais. Nos barcos de equipo o c4 500 terá tres padexeiros galegos -Manuel Fontán, Adrián Sieiro e Martín Jácome-. Jaime Duro completa a lista masculina como representante no c1 5000. 

No tocante á categoría feminina hai menos presenza, pero tamén importante. Claudia Couto montará no c2 200 e a grovense Valeria Oliveira no c4 500. 

En paracanoe Galicia achega tres competidores: a canguesa Araceli Menduíña, o tomiñés David González e o rianxeiro Adrián Mosquera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade