Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro Camiños atéigase no peche da temporada do regreso á Primeira do Deportivo

Catro Camiños atéigase no peche da temporada do regreso á Primeira do Deportivo

Milleiros de persoas acompañaron o equipo nos festexos en Riazor e no traxecto que levou o autobús convertible desde o estadio ata a praza en que celebran os éxitos

G24.gal 01/06/2026 09:55

O Deportivo e a súa afección puxeron o punto e final a unha exitosa temporada na que regresaron a Primeira División despois de oito anos dun longo periplo na Segunda División, Segunda B e Primeira Federación. Despois do acontecido a semana pasada despois de certificar o ascenso había moito desexo de estar a carón dos futbolistas que o fixeron posible. 

O partido diante da Unión Deportiva As Palmas foi o de menos. O máis importante era a celebración ao final do encontro. Primeiro, sobre o céspede de Riazor, ao que saltou todo o equipo para recibir o aplauso dos seareiros. O máis aclamado foi Ximo Navarro, para o que o público pediu insistentemente a renovación. 

A iso das 23:20, con bastante atraso sobre a hora prevista, saíu o autobús convertible desde o estadio en dirección á praza de Catro Camiños. Xa había moita xente nos exteriores do campo, pero a multitude congregouse na emblemática praza de Catro Camiños, á que chegaron uns vinte minutos despois. Alí seguiu a festa dunha noite máxica diante dunhas 25.000 persoas. Con Mella como mestre de cerimonias, comezaron os cánticos dunha noite eterna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade