Luis Penido "non contaba" con ser campión de Europa de montaña
O santiagués gañou no grupo 5 á falta de dúas probas para o final
O piloto Luis Penido acaba de coroarse como campión de Europa de montaña. O santiagués gañou o grupo 5 do Campionato de Europa á falta de dúas probas para o final. Fíxoo despois de ser o máis rápido nas dúas mangas da suba a Saint Ursanne en Suíza a bordo do Renault Clio que pilotou por primeira vez durante este campionato.
"Non contabamos. Queriamos estar asiduamente no campionato e intentar facer podios".
"Encantarianos poder defendelo e imos intentalo, pero é certo que necesitamos medios".
"Compito encantado en Galicia, pero temos que ter un proxecto deportivo sostible".
Nas dúas probas restantes tería opcións de poder gañar o Campionato Europeo de Vehículos Carrozados, onde está en segundo lugar.