Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Canal, co corazón encollido polos incendios no seu lugar habitual de adestramento

Carlos Canal, co corazón encollido polos incendios no seu lugar habitual de adestramento

"Agardemos que a Vuelta visibilice o acontecido e sirva para recuperar esta fermosa zona de Galicia", asegura o ciclista da Limia

G24.gal 19/08/2025 20:18

O deportista de alto nivel máis afectado polos incendios na provincia de Ourense é o limián Carlos Canal. O de Movistar percorre de xeito habitual as estradas e a natureza que agora están arrasadas: "O noso campo de adestramento é a natureza, é o bonito do ciclismo. Ver que o teu lugar de adestramento diario se volve negro párteche o corazón", asegurou Canal á Televisión de Galicia. 

Atopábase preparando a Volta a España e por iso non se viu afectado á hora de adestrarse: "Colleume coa preparación en altitude esta semana. Sequedo aquí non podería adestrarme", recoñeceu Canal. 

Este ano a Volta terá dúas etapas que pasan moi preto da zona queimada. A etapa 15 sae da Veiga (Asturias) e remata en Monforte de Lemos. E a 17 ten inicio nun dos concellos máis afectados, O Barco de Valdeorras, e rematará en Ponferrada. Anteriormente súbese en Asturias o Angliru e a Farrapona, lugares nos que tamén houbo incendios. "Hai que darlle visibilidade a esta catástrofe. Agardemos que a Volta axude á recuperación desta fermosa zona de Galicia", conclúe Carlos Canal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade