Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Mario Agüero, lenda do primeiro Liceo campión

Falece Mario Agüero, lenda do primeiro Liceo campión

Chegou canda Martinazzo á Coruña no ano 1981 e gañou a Copa do Rei, Copa CERS e Liga

G24.gal 06/08/2025 17:50

Mario Agüero, lenda do hóckey arxentino e do Liceo, faleceu aos 68 anos de idade. Só xogou dúas campañas na Coruña, pero deixou unha fonda pegada e comezou a época do Liceo campión.

En 1981 chegou canda Martinazzo para liderar un grande equipo que gañou a Copa do Rei e a Copa CERS na súa primeira temporada. No segundo ano que estivo en Riazor logrou un histórico título de Liga despois de gañar o último partido en Tenerife. 

Agüero foi internacional arxentino e marcharía para Italia para desenvolver a meirande parte da súa traxectoria deportiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade