Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas, eliminada de Roland Garros na terceira rolda

Jessica Bouzas, eliminada de Roland Garros na terceira rolda

A galega caeu diante da estadounidense Baptiste, número 70 do mundo, en dous sets (7-6 e 6-1)

O tie break da primeira manga, que comezou gañando a vilagarciá, foi o punto de onflexión do partido

G24.gal 31/05/2025 18:18

Jessica Bouzas despediuse do torneo de Roland Garros na terceira rolda. A número 68 do mundo cedeu contra a 70, a estadounidense Baptiste, nun partido igualado no primeiro set, que se decidiu na morte súpeta, e sen historia no segundo, que gañou Baptiste por 6-1. 

O encontro comezou coa galega rachando o servizo da súa rival, e anotándose o seu cun 2-0 que deixaba boas sensacións. Pero Baptiste foi mellorando co seu saque, que gañou máis do 80% dos puntos co primeiro. E despois rachoulle o servizo á galega no 4º xogo. Xa non houbo máis roturas e o set foi ao desempate. Puido levalo Jessica, que se adiantou 2-0. Logo do 4-4, Baptiste anotouse os tres últimos puntos, e levou o set.

No segundo Jessica Bouzas veuse abaixo, e non lle deu resposta á súa rival en ningún momento. A manga comezou cun 4-0 que xa lle deixaba as cousas prácticamente imposibles. 6-1 e remata o percorrido da vilagarciá neste Roland Garros, no que chegou ata esta terceira rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade