Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas chega á terceira rolda no Másters 1000 de Montreal

Jessica Bouzas chega á terceira rolda no Másters 1000 de Montreal

Derrotou a Ashlyn Krueger cun dobre 6-4

G24.gal 29/07/2025 23:39

Jessica Bouzas clasificouse para a terceira rolda do prestixioso Másters 1000 de Montreal despois de derrotar a Ashley Krueger por un dobre 6-4. A vilagarciá continúa subindo nas prestacións do seu tenis e conseguiu un triunfo moi consistente. 

No primeiro set encadeou catro xogos seguidos con dúas roturas de servizo para poñerse cun 4-1. Malia perder un saque, mantivo a calma e conseguiu levar a manga por 6-4.

Máis difícil tivo o segundo set que parecía case perdido cando Krueger, cun mellor ránking que a galega, logrou un 1-4. Nese momento tan crítico Jessica Bouzas sacou o mellor do seu tenis para encadear cinco xogos consecutivos e levar o partido con outro 6-4. A súa rival na terceira rolda será a xaponesa Aoi Ito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade