Cargando resultados...
Ludman, outro valor de futuro para o renovado Frigoríficos do Morrazo
Ten 22 anos e foi subcampión do mundo con Hungría en 2023
G24.gal
30/07/2025 15:23
O Frigoríficos do Morrazo presentou o húngaro Marcel Ludman. Trátase dun lateral esquerdo de 22 anos. Gran defensor e tamén con bo lanzamento exterior. Con Hungría foi subcampión do mundo sub-21 no ano 2023. Ludman chega ao Gatañal para ser unha peza clave para o BM Cangas da próxima temporada. Ludman procede do Neka e xogou no Pick Szeged e Vezsprem, co que xogou competición europea.