Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quique Domínguez, técnico do Cangas: "Chego con cen sobre cen de motivación"

Quique Domínguez, técnico do Cangas: "Chego con cen sobre cen de motivación"

O novo adestrador substitúe no cargo a Nacho Moyano

G24.gal 12/06/2025 16:08 Última actualización 12/06/2025 16:22

Quique Domínguez xa exerce no Frigoríficos do Morrazo. O técnico pontevedrés foi presentado como adestrador do conxunto cangués nun acto no que agradeceu á entidade que preside Alberto González “esta oportunidade que para min é moi bonita e que creo que me chega nun momento moi oportuno, de experiencia, de madurez”.

O que fose preparador de Academia Octavio, Teucro ou Anaitasuna, entre outros, manifestou chegar ao Gatañal “cun cento por cento de motivación. Como xa dixen o día que se anunciou a miña fichaxe, este é un reto moi bonito para min que afronto coa máxima ilusión e a intención de dar o mellor que teño desde o primeiro día, que creo que é hoxe, ata o último día, o día que saia deste club, que oxalá sexa dentro de moito tempo”.

O preparador do Cangas, que substitúe no cargo a Nacho Moyano, insistiu na importancia que para el ten o proceso que leva ás vitorias.

“Para conseguir os obxectivos hai un camiño que percorrer, e é aí onde eu poño todo o meu esforzo”, sinalou.

Tamén apuntou que o balonmán “é moito máis que unha defensa 6.0, un ataque 3.3 ou atacar sete contra seis. É moitísimo máis e a iso é ao que eu doulle importancia”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade