O porriñés Samu Pereiro é a sétima fichaxe do Cangas
Óscar Fernández: "É un loitador nato, que vai encaixar moi ben co que a nosa afección demanda
O lateral esquerdo Samu Pereiro é a sétima fichaxe do Cangas ao que chega do Anaitasuna e co que asina por dúas tempadas.
Esta mañá foi a presentación.
"É un xogador que nos vai a achegar moito en diferentes facetas do xogo, tanto en ataque como en defensa. Cremos firmemente en seguir incorporando xogadores galegos de calidade para seguir crecendo, e Samu encaixa perfectamente na nosa filosofía", destaca o director deportivo do club, Óscar Fernández.
Pereiro chega avalado polo técnico Quique Domínguez, quen o dirixiu esta última tempada no conxunto navarro. Anteriormente, o xogador defendeu as camisetas do BM Porriño, Teucro e Eivissa.
"É un loitador nato, que vai encaixar moi ben co que a nosa afección demanda: compromiso e non dar nunca unha batalla por perdida", apuntou o director deportivo.