Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papel de Aspas na renovación de Carreira: "Iago é un gran negociante"

O papel de Aspas na renovación de Carreira: "Iago é un gran negociante"

Apuntou que a insistencia de Claudio Giráldez tamén foi moi importante na súa decisión de continuar no Celta

Foto Celta
G24.gal 24/07/2025 15:50 Última actualización 24/07/2025 15:55

Iago Aspas exerce de líder no campo e capitán no vestiario. Ademais é membro da dirección deportiva no Celta de Vigo sempre que pode botar unha man a Marco Garcés. O moañés sempre está pendente do mercado de fichaxes, chamando futbolistas para convencelos de asinar polos celestes, e dos seus compañeiros.

Con Sergio Carreira, que renovou o seu contrato xusto cando ía expirar o pasado 30 de xuño, volveu aparecer para tranquilizar o canteirán.

Marco Garcés, director deportivo do Celta, recoñeceu que a de Sergio Carreira é "unha das renovacións máis solicitadas por parte de toda a afección, dos seus compañeiros e todos os membros do club".

No plano deportivo destacou que "ratificou o seu nivel nas canchas" e que "se converteu en alguén moi importante" no vestiario. A pesar de contar con ofertas superiores doutros equipos o canteirán apostou por renovar o seu contrato.

"Sempre dixen que son celtista, Vigo é a miña casa".

Sergio Carreira apuntou que a insistencia de Claudio Giráldez tamén foi moi importante na súa decisión de continuar no Celta.

"Estiven en continuas conversacións con Claudio e Iago no verán. Se estou aquí tamén é en parte grazas a eles", continuou explicando o defensa.

Poder xogar en Europa esta tempada tamén é unha das razóns que lle fixo declinarse por continuar. 

"Non gozalo agora sería unha pena".

Sobre o papel de Iago Aspas na renovación do seu contrato chanceou revelando que "é un gran negociante ademais dun gran xogador. É insistente, expúxome a súa opinión sen tentar influír na miña decisión porque el tamén viviu situacións similares".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos