O Deportivo confirma a Quagliata e Gragera e estreita o cerco sobre Loureiro
O lateral esquerdo italiano chega para reforzar o lateral esquerdo
O mediocentro tivo moitos problemas de lesións o ano pasado no Español que lle impediron ter continuidade
Loureiro, de Cerceda, presiona o Huesca para que acepte a oferta do Deportivo
Dúas das peticións de Antonio Hidalgo no Deportivo estarían cubertas. Unha prioritaria era a do centrocampista defensivo. O elixido é o asturiano José Gragera (25 anos). Cunha ampla traxectoria no Spórting, onde se fixo coa titularidade con só 20 anos e logo no Español. Peza fundamental para Manolo González no ascenso á Primeira División, o ano pasado comezou como titular indiscutible pero un problema nunha deda obrigouno a pasar polo quirófano e xa non puido volver xogar desde o mes de outubro. Gragera non está a xogar co cadro españolista os amigables e incorpórase á concentración que o Deportivo está a facer en Inglaterra.
Quagliata, un italiano para o lateral esquerdo
O posto de lateral esquerdo tamén había que complementalo. Escudero era a única peza que tiña Hidalgo para esa posición. Chega desde a Serie B italiana Giacomo Quagliata (25 anos), con experiencia tamén na Eredivisie dos Países Baixos. Un xogador moi competitivo que aumentará o nivel de esixencia para ser titular na defensa.
Miguel Loureiro, preto do acordo
Miguel Loureiro é outro dos que podería chegar a Riazor nas vindeiras horas. O defensa cercedés non esconde o seu desexo de vestir a camisola do Dépor do que é afeccionado desde que era pequeno e xogaba nas Escolas Luis Calvo Sanz de Carballo. Antonio Hidalgo coñéceo á perfección. Trátase dun xogador que se pode adaptar ás posicións de central e lateral, unha polivalencia que lle pode vir moi ben á defensa coruñesa.