Cargando resultados...
Martín de la Puente, campión de dobres en Wimbledon xunto a Spaargaren
O vigués e o neerlandés impuxéronse na final a Reid e Hewett por 7-6 e 7-5
É o segundo Grand Slam en dobres para de la Puente, que xa gañara o US Open

G24.gal
12/07/2025 15:11
Vitoria histórica de Martín de la Puente na final de dobres de Wimbledon. O tenista vigués, canda o holandés Spargaaren, impuxéronse en dous sets na final de tenis adaptado.
Venceron ós británicos Gordon Reid e Alfie Hewett , o que foi verdugo de De la Puente na semifinal individual. De la Puente e o seu compañeiro derrotaron ós cabezas de serie número un por 7-6 e 7-5. E lograron o seu primeiro título de Grand Slam xuntos. Para De la Puente é o segundo título de Gran Slam tralo Aberto dos Estados Unidos tamén en dobres.
