Jessica Bouzas volve aos seus inicios en Vilagarcía despois de entrar no Top-50 do mundo
A galega reláxase cos nenos no seu club, repasando os seus éxitos recentes
A súa presenza nos oitavos de final de Wimbledon catapultouna ao número 50 do mundo
Non é unha xornada calquera no Club Rial, en Vilagarcía. Por iso é que a xente se vai xuntando nos corredores, e tiran do móbil. Porque nunha das pistas está a adestrar Jessica Bouzas. Aquela rapariga que comezou aquí, con 5 anos. E que agora, con 22, ven de alcanzar o top-50 mundial, e os oitavos en Wimbledon.
A esixencia e a presión medran para Jessica. E por aí a decisión de buscar o acougo da familia e dos amigos.
A tenista carga enerxía e recupera paz. E converte estes días en inesquecibles para os cativos do Rial. Aquí Jessica volve atrás, aos días en que so se trataba de desfrutar. De xogar cos amigos, como o futbolista do Real Unión de Irún, Javi Fontán.
A diferenza con aqueles tempos, e que agora sempre gaña.