A RFEF dá a coñecer as datas clave da temporada 2025-26
A Primeira División comezará a fin de semana do 17 de agosto e rematará o 24 de maio. A Segunda finalizará unha semana despois

A Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer o marco de datas nas que se vai xogar a vindeira temporada 2025-26. Comezará a fin de semana do 17 de agosto. A Primeira División rematará o 24 de maio e a Segunda unha semana despois, o 31 de maio.
Hai proxectadas catro xanelas de partidos de seleccións que paralizarán o campionato. Serán do 1 ao 9 de setembro de 2025, do 6 ao 14 de outubro de 2025, do 10 ao 18 de novembro de 2025 e do 23 ao 31 de marzo de 2026. Unha quinta xanela xa coincidirá coa temporada de Primeira División rematada.
A RFEF usará tres datas intersemanais en Primeira e só unha na Segunda División e a parada de Nadal irá desde o 21 de decembro ata o 4 de xaneiro.