Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente cae en semifinais de Roland Garros ante o número un do mundo

Martín de la Puente cae en semifinais de Roland Garros ante o número un do mundo

Tokito Oda vence ao tenista vigués en cadeira de rodas por un dobre 6-4

G24.gal 06/06/2025 16:46 Última actualización 06/06/2025 16:51

As semifinais volveron a ser o teito do vigués Martín de la Puente no cadro individual de Roland Garros. O tenista en cadeira foi capaz de plantar cara ao número 1 do mundo, o xaponés Tokito Oda, pero este volveu levar o gato á auga, neste caso, por un dobre 6-4.

É a segunda vez que o galego chega a esta rolda no torneo de París e na anterior tamén caera ante o mesmo adversario. De la Puente quitouse a espiña do ano pasado, cando fora apeado en primeira rolda, ao quedar agora ás portas da final.

Comezou a súa participación derrotando a outro xaponés, Takuya Miki, en tres sets (6-3, 5-7 e 6-1) para logo eliminar ao representante de Países Baixos, Ruben Spaargaren. Este, á súa vez, foi o seu compañeiro en dobres, onde foron derrotados na súa estrea, ante o español Daniel Caverzaski e Gusti Fernández, cos que De la Puente tamén formou parella de dobres no seu momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade