Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández estará na grella de saída en Kegums, Letonia

Rubén Fernández estará na grella de saída en Kegums, Letonia

Fernández foi declarado apto para competir en Kegums tras recuperarse da forte caída que sufriu en Alemaña

G24.gal 06/06/2025 12:01 Última actualización 06/06/2025 12:05

Rubén Fernández recibiu o visto e prace dos médicos e estará na grella de saída en Kegums. O piloto galego regresa á acción na esixente area letoa co obxectivo de recuperar o terceiro posto na clasificación do Mundial MXGP 2025.

Fernández foi declarado apto para competir en Kegums tras recuperarse da forte caída que sufriu en Alemaña cando tentaba colocarse segundo na primeira manga. Nun circuíto onde adiantar é complicado, sabía que debía atacar desde o principio, pero non logrou completar con éxito un dobre salto tras a recta de saída e tivo que abandonar a xornada.

Agora, tras uns días de recuperación, chega a Letonia coa intención de sumar puntos importantes na terceira cita consecutiva do campionato.

"Definitivamente non foi unha boa fin de semana en Alemaña, pero despois de que me examinase o médico, dixéronme que debería estar ben para esta carreira en Letonia. Por suposto, non é a preparación ideal para o que sempre é un evento difícil en Kegums".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade