Jéssica Bouzas gaña a Montgomery e avanza a terceira rolda de Roland Garros
Derrotou á estadounidense Robin Montgomery, número 115 do mundo, en tres sets
Medirase en terceira rolda á estadounidense Hailey Baptiste (WTA 70)

A Jéssica Bouzas prolonga a súa xesta en Roland Garros ao avanzar este xoves á terceira rolda tras apear en tres mangas á estadounidense Robin Montgomery.
Hailey Baptiste, do mesmo país, agárdalle para dirimir quen pasará aos oitavos. A tenista galega, 68º do mundo, non gañou de maneira tan avultada como en primeira rolda, cando deu a sorpresa ao vencer por 6-0 e 6-1 á estadounidense Emma Navarro (novena favorita), e tivo que traballarllo máis ante Montgomery, á que dobregou 6-4, 4-6 e 7-5 en dúas horas e 9 minutos.
A xogadora que adestra o técnico madrileño Roberto Ortega logrou o seu terceiro pase á terceira manga de cadro final dun grand slam. Jéssica Bouzas logrou á súa sexta vitoria nun grand slam.