Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Vigo dá por feito que a cidade "é sede do Mundial" tras a renuncia de Málaga

O alcalde de Vigo dá por feito que a cidade "é sede do Mundial" tras a renuncia de Málaga

Vigo, que se atopaba no duodécimo lugar na lista pasaría, por puntuación, a estar automaticamente entre as once elixidas

G24.gal 14/07/2025 17:56 Última actualización 14/07/2025 18:03

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu por feito este luns que a cidade galega "é, neste momento, sede do Mundial" de fútbol de 2030, despois de que Málaga anunciase o pasado sábado a súa renuncia á candidatura.

Nunhas declaracións enviadas aos medios, Caballero afirmou que "o estadio de Balaídos e Vigo" son "sede do Mundial" e asegurou que a retirada de Málaga, da que non se "alegra", "acaba de mudar" a manobra que denunciou tempo atrás liderada polo presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, e o da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, "para que Vigo non fose sede do mundial".

Vigo, que se atopaba no duodécimo lugar na lista pasaría, por puntuación, a estar automaticamente entre as once elixidas, aínda que desde a RFEF non se pronunciaron aínda respecto diso.

O alcalde vigués asegurou que Rueda "deu instrucións de que só ían pagar un campo e que tiña que ser o da Coruña", mentres que Louzán "fixo todo o posible e o imposible para quitar a Vigo como sede do Mundial".

"Toda aquela inquina contra Vigo para que non fose sede do Mundial desbaratouse, eramos sede do Mundial por méritos e somos sede por méritos, halle pesar a Rueda e halle pesar de Louzán. Vigo é neste momento sede do Mundial", insistiu Caballero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade