Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balaídos aumentará a súa cabida para adaptarse á Europa League

Balaídos aumentará a súa cabida para adaptarse á Europa League

O Concello instalará arredor de 1.700 asentos novos

A UEFA obriga á creación dunha nova porta, será a número 20, exclusiva para a entrada e saída dos seguidores visitantes 

G24.gal 06/06/2025 14:08 Última actualización 06/06/2025 14:16

Balaídos sumará uns 1.700 novos asentos provisionais repartidos nas bancadas de Río Baixo e Marcador Alto, así como na zona agora en obras de Gol, segundo detallou o Concello de Vigo. Con estes cambios o feudo celeste alcanzará unha capacidade de 22.800 espectadores tanto en Liga como na Europa League.

"A UEFA, na Europa League, ten unha serie de requisitos: un número de entradas para afeccionados visitantes, un número de localidades que queda a propia UEFA".

"Mentres dure a obra da bancada de Gol, imos aumentar a cabida", explicou esta mañá o alcalde da cidade, Abel Caballero, a través dun audio.

En Río Baixo axustaranse concretamente 600 asentos mediante a instalación de tres filas na parte baixa. En Marcador Alto, serán preto de 500 asentos novos colocados en catro filas na zona superior. Ademais, na unión entre Río Baixo e Marcador, introducirase "unha nova estrutura" con capacidade para unhas 100 butacas. Finalmente, no sector de Gol, ao estilo dos últimos partidos da pasada tempada, montarase unha bancada temporal, de carácter desmontable, que integrará máis de 500 localidades.

A competición continental, ademais, obrigará á creación dunha nova porta, será a número 20, exclusiva para a entrada e saída dos seguidores visitantes ao recinto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade