Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz continúa firme na defensa do título de Roland Garros

Alcaraz continúa firme na defensa do título de Roland Garros

Gañoulle a Shelton en catro sets (7-6, 6-3, 4-6, 6-4)

G24.gal 01/06/2025 20:41

Carlos Alcaraz, número 2 do mundo e defensor do título de Roland Garros, conseguiu a vitoria cen sobre terra batida ao superar o estadounidense Ben Shelton, sétimo cabeza de serie, por 7-6 (10-8), 6-3, 4-6, 6-4. Clasificouse para os cuartos de final onde agarda Tommy Paul. 

A potencia de Shelton é temible. Lamentará a súa falta de dente cando tiña contra as cordas a Alcaraz. Tivo ata tres bolas para gañar o primeiro set e seis máis para comezar dominando o segundo pero Alcaraz acabou decantando para o seu lado eses momentos decisivos e acabou decidindo un enfrontamento moi parello. 

O momento de aperto que pasou o español chegou no terceiro, cando Shelton colleu vantaxe e acabou forzando un cuarto set no que colleu unha vantaxe que xa non deixaría ata o final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade