Víctor Senra, gran favorito no Rally de Pontevedra, que comeza hoxe
A Escuadra Corredoira Team organiza este evento que reunirá máis de 140 equipos rexistrados, récord de inscrición
A competición no Rally de Pontevedra 2025 comeza na xornada do sábado, desde as 8:25 horas, será co tramo Cerdedo-Cotobade.
Hoxe venres celébrase a cerimonia de saída na Praza do Mar de Sanxenxo a partir das 20:00 horas. Este é a quinta parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallys Recalvi. Valorada como a mellor proba da tempada 2025, a Escuadra Corredoira Team organiza por quinto ano consecutivo este evento que reunirá a máis de 140 equipos rexistrados, récord de inscrición.
Como novidade este ano elimínase o tramo urbano para dar paso á cerimonia de saída desde o centro de Sanxenxo, será na praza do Mar onde tamén se situará o parque pechado. O que se mantén igual é o parque de asistencia no campo de fútbol de Baltar (Portonovo).
O sábado comeza a competición e os catro tramos a dobre pasada cada un deles e que percorrerán os municipios de Cerdedo, Cotobade, Moraña, Sanxenxo, Meaño e Barro. Será un total de 101,16 km.
A proba conta coa presenza dos principais candidatos ao título: Víctor Senra e Paula Ramos, que volven ser os grandes favoritos ao volante do Hyundai I20N WRC.