Publicador de contidos

Publicador de contidos

A elite da marcha mundial compite este sábado na Coruña

A elite da marcha mundial compite este sábado na Coruña

 Os irmáns Antía e Dani Chamosa poñerán o acento galego

 A campioa olímpica María Pérez será un dos grandes atractivos da proba

G24.gal 06/06/2025 13:34 Última actualización 06/06/2025 16:53

Este sábado, a partir das 17:00 horas, a Coruña convértese dean o epicentro da marcha atlética mundial coa disputa do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez.

Trátase da proba máis importante do mundo desta disciplina e contará coa participación dos actuais campións olímpicos, así como con representantes de 24 países dos cinco continentes. A máxima atracción desta edición número 38 será, sen dúbida, a presenza da española e dobre medallista olímpica María Pérez, que lograba o título en París o pasado verán na proba de substitucións mixtas xunto a Álvaro Martín, así como a medalla de prata na de vinte quilómetros. Unha proba na que se proclamou recentemente campioa de Europa.

A delegación chinesa volverá ser unha das máis numerosas nos Cantóns. Ata a cidade desprázanse 23 participantes liderados pola campioa olímpica de París, Jiayu Yang. Xunto a ela chegará unha das atletas máis queridas da proba coruñesa como é Liu Hong, que marcou o récord do mundo de vinte quilómetros na edición de 2015.

 Os irmáns Antía e Dani Chamosa poñerán o acento galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade