Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os irmáns Chamosa, na elite europea da marcha

Os irmáns Chamosa, na elite europea da marcha

Antía foi cuarta na proba individual e conseguiu a prata por equipos nos 20 km

Dani acabou no sétimo posto nos 35 km e España tamén levou a medalla de prata por equipos

G24.gal 18/05/2025 14:25

Os irmáns pontevedreses Antía e Daniel Chamosa continúan asentándose na elite europea da marcha. Os dous estiveron entre os mellores nos Campionatos de Europa e acadaron a medalla de prata por equipos. 

Antía Chamosa participou na proba dos 20 quilómetros marcha. Rematou no cuarto posto e foi a primeira española cun tempo de 1 hora, 29 minutos e 11 segundos. Paula Juárez (6ª) e Lidia Sánchez Puebla (7ª) completaron unha gran actuación do equipo español que quedou ás portas de lograr a medalla de ouro. Ao final foron superadas polo equipo francés e tiveron que conformarse coa medalla de prata por equipos. 

Idéntico resultado foi o que sacou o equipo masculino nos 35 quilómetros. Daniel Chamosa, irmán de Antía, acadou o sétimo posto final e realizou a súa marca persoal con 2 horas, 27 minutos e 56 segundos. Miguel Ángel López liderou o equipo español acadando a medalla de bronce na proba individual e o récord de España na distancia. Manu Bermúdez foi o 8º clasificado. A suma das tres marcas asegurou o segundo posto por equipos co que os dous atletas pontevedreses volven con metal da República Checa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade