Publicador de contidos

Publicador de contidos

Duplantis volve desafiar as leis da gravidade cun salto de 6,28

Duplantis volve desafiar as leis da gravidade cun salto de 6,28

É o duodécimo récord do mundo que supera o saltador con pértega sueco

G24.gal 15/06/2025 23:24

O sueco Armand Duplantis volveu demostrar que non ten límites e acadou un novo récord do mundo de salto con pértega. Gañou a proba da Diamond League celebrada en Estocolmo cun extraordinario salto de 6,28 metros. Duplantis, de 25 anos, superou nun centímetro a anterior mellor marca universal que el mesmo conseguira en febreiro. 

Duplantis leva doce récords do mundo desde que en febreiro de 2020 conseguira quitarlle ao francés Lavillenie a primeira posición na clasificación mundial de todos os tempos ao saltar 6,17 na localidade polaca de Torun. Desde entón superou esa marca en dez ocasións, pero nunca o fixera diante do seu público, unha asignatura pendente que o sueco estaba disposto a aprobar en Estocolmo. 

O primeiro salto que intentou superou a barreira dos seis metros e garantiu a vitoria na competición. Non buscou ningún salto intermedio e colocou o listón en 6,28 metros. Non lle fixo falta máis que outro salto para superar a barreira diante da tolemia dos espectadores que ateigaban o mítico estadio olímpico de Estocolmo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade