Cargando resultados...
Coñecemos a Antonio Sotelo, maratoniano de 77 anos que completou as 6 "grandes"
G24.gal
08/06/2025 15:18
Tokyo, Boston, Londres, Berlín, Chicago e Nova York. O 'grand slam' dos maratóns mundiais.
Na súa casa do Morrazo, o armador Antonio Sostelo, entre recordos do mar, garda coma un tesouro a séxtupla medalla que o distingue como un dos poucos que ten no seu palmarés as "seis grandes". Unha supermedalla coa que nin el mesmo contaba.
Nos adestramentos por Bouzas tampouco faltan os habituais do Lombis Team, indispensables para Sotelo.
Antonio, camiño dos 78 anos, recoñece que a súa é unha vocación tardía.
Neste 2025 queda por decidir se vai aos maratóns de Donostia e Ámsterdam.
No Lombis Team agardan unha resposta afirmativa para completar a que sería o seu décimo quinto maratón.