Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Peleteiro encabeza o equipo español para o Europeo de Madrid

Ana Peleteiro encabeza o equipo español para o Europeo de Madrid

O Campionato de Europa por equipos celébrase en Madrid, no Estadio Vallehermoso, do 26 ao 29 de xuño

G24.gal 17/06/2025 14:31 Última actualización 17/06/2025 14:35

A galega Ana Peleteiro, vixente campioa de Europa de triplo salto, lidera o potente equipo español formado por 45 atletas (23 homes e 22 mulleres) para o Europeo de seleccións, que se disputará en Madrid do 26 ao 29 de xuño e para o que o combinado nacional espera subir ao podio por primeira vez na historia.

O Campionato de Europa por equipos celébrase en Madrid, no Estadio Vallehermoso, salvo o concurso da pértega, que será no Palacio Real. Será a primeira vez que España acolla esta cita coa denominación e formato actual de competición (anteriormente disputouse en 1996 a Superliga Europea) e faino co obxectivo de subir ao podio, nun campionato ao que tamén concorren Alemaña, Francia, Finlandia, Gran Bretaña, Grecia, Hungría, Italia, Lituania, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Suíza, Suecia e Ucraína.

Ana Peleteiro, campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta e bronce olímpico en Tokyo 2021, é ademais a actual plusmarquista nacional de triplo salto con 14.87 metros.

A galega acaba de sumar a súa novena medalla internacional co bronce logrado no Mundial de pista cuberta de Nanjing (A China), tras o tamén bronce europeo baixo teito en Apeldoorn (Países Baixos).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade