Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cercedense Miguel Loureiro cumpre o seu soño e volve ao Deportivo

O cercedense Miguel Loureiro cumpre o seu soño e volve ao Deportivo

Formou parte do club en categorías inferiores, pero viuse condicionado polas lesións

Regresa despois de amosar un gran rendemento na súa traxectoria na Segunda División 

G24.gal 01/08/2025 12:08 Última actualización 01/08/2025 12:18

O defensa de Cerceda Miguel Loureiro cumpriu o seu desexo de volver ao Deportivo. Despois de pedir un esforzo a Huesca e Lugo, que compartían os seus dereitos, conseguiu un acordo para vestir a camisola coruñesa, algo que xa fixo cando era infantil e onde non puido ter continuidade por culpa das lesións. 

Loureiro nunca lle deu as costas ao seu desexo de ser futbolista. Sendo xuvenil estaba consolidado no primeiro equipo do Bergantiños, na Terceira División. O salto a sénior non foi doado, pero acabou facéndose un oco no equipo do Pontevedra de Luisito. Aprendeu o oficio alí, no Córdoba ou no Andorra antes de volver a Galicia para formar parte do Rácing de Ferrol. En 2022 foi indiscutible na defensa do Lugo e, malia o descenso, foi reclamado polo Huesca para seguir na categoría. 

Antonio Hidalgo coñéceo á perfección. Un defensa que pode actuar como central ou como lateral, dos que non brilla, pero sempre cumpre e de corazón branco e azul. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade