Xulia Vaquero pide “respectar e non estigmatizar” ás persoas cun problema de saúde mental
Tamén reclama unha solución para a situación laboral dos exdeportistas
A exatleta Xulia Vaquero, olímpica en Atlanta 1996 e plusmarquista nacional de 5.000 metros ata o pasado ano cun tempo de 14:44:95, reclamou este mércores unha solución para a situación laboral dos deportistas de alto nivel tras a súa retirada do deporte profesional.
“A Lei do Deporte debe de recoller que os atletas e outros deportistas sexamos asalariados, que se nos pague polo noso traballo”, indicou a deportista galega.
Tamén pediu “respectar e non estigmatizar” ás persoas cun problema de saúde mental. A exatleta olímpica considera fundamental avanzar na visibilización da saúde mental
"Despois da miña experiencia, quero axudar ás persoas que pasan por situacións críticas"
Neste sentido, Xulia Vaquero revelou que o seu adestrador, o alacantino Franc Beneyto, está a promover a asociación “Agora máis” para facilitar a inserción laboral dos deportistas de alto nivel.
“É importante que tanto as empresas como as institucións públicas poidan decatarse de que aí hai un nome, e de que algúns que o pasamos mal teñamos unha oportunidade de reinserímonos na sociedade”, manifestou durante a súa presentación como nova embaixadora da carreira Praia de Samil, en Vigo.