Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez sinala a importancia de ter un inicio de liga estable

Claudio Giráldez sinala a importancia de ter un inicio de liga estable

O técnico do conxunto vigués destaca que "os equipos aínda se están construíndo"

Giráldez indicou que a pretemporada sempre ten importancia, "pero este ano aínda máis"

G24.gal 03/07/2025 18:26 Última actualización 03/07/2025 19:26

Claudio Giráldez, adestrador do R. C. Celta, destacou este xoves a importancia de arrincar ben a liga, onde recibirán o Xetafe en Balaídos na primeira xornada.

“Empezar a liga sempre é difícil porque os equipos aínda se están construíndo, estamos nese proceso co mercado aberto. É moi importante ter un inicio coa maior estabilidade posible e empezar en Balaídos creo que nos vai vir ben”, sinalou.

Tamén apuntou que a participación na Europa League fai que a pretemporada sexa “máis importante” que en cursos anteriores. "A pretemporada sempre ten importancia, pero este ano aínda máis. Sabemos que durante o ano vai haber menos tempo para adestrar, vai haber moitos máis partidos, partidos entre semana que nos van quitar tempo para adestrar. É importante, sobre todo, para os xogadores novos, para que se adapten ao equipo”.

Ao técnico celeste gústalle o calendario que lle tocou ao equipo porque “empezamos e acabamos na casa, que creo que é algo positivo para eses momentos estar preto da nosa afección”. Con todo, a Giráldez o que “máis difícil” lle parece é como o seu equipo responderá a ter que alternar Liga e Europa League porque serán “moitos partidos”, unha situación que a maioría de xogadores do equipo non viviron. 

Ao preguntarlle por pechar o campionato recibindo o Sevilla, Giráldez dixo que o conxunto hispalense é “un rival complicado, histórico, ao que este ano nos custou moitísimo gañarlles no noso campo cun menos”. “Veremos como acaban os equipos cando vaia empezando a liga, se é un bo rival para a última xornada ou non. A priori, é un equipo dos potentes, un histórico e vai ser un partido difícil seguramente. Esperemos que a tempada vaia ben e que o último día non sexa tan importante”, concluíu o técnico do equipo vigués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade