Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Sarriana xogará polo ascenso a Segunda RFEF

A Sarriana xogará polo ascenso a Segunda RFEF

G24.gal 07/06/2025 21:13

E a Sarriana disputará a eliminatoria definitiva de ascenso á Segunda Federación. O partido de volta rexistrou un ambiente fenomenal na Estrada e terminou co resultado de cero a dous.

Logo do dous a cero da ida a prol da Sarriana, o Estradense buscou a remontada desde o inicio, pero todo se lle complicou nun minuto fatídico. Á media hora de xogo Jaichenko fallou un penalti para os locais. Boa intervención do gardameta Pirot. E xusto despois, Gamarra foi expulsado por dobre cartón. O Estradense acusou o golpe e a Sarriana logrou marcar no minuto 38. Boedo culminaba unha boa acción combinativa dos visitantes. E xusto antes do tempo de lecer, aumentaron a súa vantaxe grazas a un tanto de Álex Millán.

Co cero a dous xa eran catro goles de vantaxe para os lugueses, que non pasaron por apuros nun segundo tempo sen variacións no marcador. A Sarriana xogará a eliminatoria definitiva de ascenso ante o gañador do grupo murciano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade