A Sarriana estrélase cun Pulpileño rochoso (0-0) e decidirá o ascenso na Ribela
Dise que prudencia é a nai da ciencia. E a esa máxima se agarraron o Pulpileño e a Sarriana para deixar a eliminatoria definitiva polo ascenso á Segunda RFEF aberta para o vindeiro domingo na Ribela.
Os dous equipos afrontaron o encontro co obxectivo de minimizar riscos que puideran poñer en perigo o encontro de volta. Millán foi o primeiro en apuntar e disparar contra o marco de Cristian. Responderon os almerienses cargando o xogo pola banda dereita con Francis e Pedro Ramírez, que estrelou o balón no traveseiro nun centro xute. A primeira metade ía rematar cunha acción de estratexia rematada por Millán, o xogador dos galegos.
A entrada de Santi Gegunde no segundo tempo, deulle un novo impulso a Sarriana e creou dúbidas e confunsión nos locais. Alex Millán volveu poñer en perigo a meta de Cristian na mellor acción visitante no encontro. Pouco despois, Wilson Saldana probou por primeira vez a Pirot.
Pero se o encontro tivo un protagonista estelar foi Millán que volveu tola a defensa local e serviu para que Santi Gegunde dispuxera dunha boa oportunidade. Como no final da primeira metade, a Sarriana acabou o encontro na área contraria cun remate que lle puido dar vantaxe para o encontro de volta, pero de novo atopou a Cristian como principal muro pulpileño. A eliminatoria decidirase o domingo vindeiro na Ribela, onde a Sarriana ascenderá se é quen de gañar o partido.