Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Sarriana festexa un histórico ascenso á Segunda Federación

A Sarriana festexa un histórico ascenso á Segunda Federación

Derrotou por 3-2 ao Pulpileño cun gol decisivo de Azael na prórroga

G24.gal 22/06/2025 22:48

A Sarriana xogará por primeira vez na súa historia na Segunda Federación. Hai dous anos subía da Preferente á Terceira e xa era un fito e o deste 22 de xuño quedará nos libros de ouro do Concello. Derrotou por 3-2 ao Pulpileño despois dun espectacular partido de volta cheo de alternativas e incertidume ata o minuto 120 porque houbo que disputar unha prórroga. 

Spinman deu primeiro para o equipo murciano no minuto 23. A sorte da Sarriana foi a rápida resposta porque Maxi Levrand empatou antes da media hora cun disparo desde fóra da área. Os de Sarria son un equipo que marca con facilidade e no segundo tempo anotaron o segundo gol cun remate de Keko Vilariño á saída dun córner. Estaba o ascenso na man ata que Luis Maestre transformou unha falta (2-2) e levou o partido á prórroga. 

Os nervios non lle xogaron unha mala pasada á Sarriana e Azael conseguía marcar o definitivo 3-2 no primeiro tempo da prórroga. O cansanzo fixo efecto nos dous equipos pero houbo incerteza ata que o colexiado asubiou o final do encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade