Cargando resultados...
O Rácing segue reforzándose coa cesión de Jairo Noriega
O mediocampista, propiedade do Dépor, chega ao Rácing en calidade de cedido
O coruñés foi unha peza clave na salvación do Ourense C. F. a pasada tempada na Primeira Federación

G24.gal
04/07/2025 12:29
O Rácing de Ferrol continúa reforzando o medio campo coa incorporación de Jairo Noriega. O futbolista coruñés, e propiedade do Dépor, xa estivo as ordes de Pablo López a pasada tempada no Ourense C. F., onde acumulou 1.800 minutos, 2 goles e 3 asistencias.
A seu bo rendemento valeu para que o Dépor o recuperase cun contrato ata 2028. Agora chega cedido a un Rácing que está reunindo todas as armas para loitar polo ascenso.