Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz gaña con moito sufrimento a Fognini no inicio da defensa de Wimbledon

Alcaraz gaña con moito sufrimento a Fognini no inicio da defensa de Wimbledon

O italiano levou ao límite o tenista español que tivo que empregar cinco sets para lograr a vitoria

G24.gal 30/06/2025 19:20

A defensa de Wimbledon de Carlos Alcaraz comezou cun partido moi duro diante do italiano Fognini que o levou ao límite. Máis de catro horas e media de partido e cinco sets que poñen sobre aviso ao tenista murciano das dificultades de acadar o seu terceiro título consecutivo en Londres. Fognini, que podía afrontar o último partido en Wimbledon da súa carreira, vendeu moi cara a derrota. 

Comezou gañando Alcaraz o primeiro set por 7-5 grazas a rachar o servizo do rival no undécimo xogo. Parecía ter o segundo set controlado cunha rotura do saque de Fognini pero o italiano devolveulla para forzar un tie break no que levou o set (6-7). O terceiro volveu a ter Alcaraz vantaxe pero complicóuselle por culpa de erros impropios e acabou decidíndoo na con outro 7-5 cando xa se pensaba nun segundo tie break

Lonxe de virse abaixo Fognini sacou o mellor tenis do partido e impúxose con claridade no cuarto set (2-6). A resposta de Alcaraz foi contundente. Cinco xogos seguidos para encamiñar o derradeiro que levou por un contundente 6-1. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade