Comeza o 58 Rally Rías Baixas, con Javi Pardo como líder do S-CER
Javi Pardo chega líder ao Rally Rías Baixas, cuarta proba do Supercampionato de España de Rallys
O de Allariz foi primeiro no treito de cualificación, seguido de Pepe López e de Cohete Suárez
Esta tarde comeza a acción cos treitos de Pontecaldelas-Barbudo e Pontecaldelas-Vilarchán
O Supercampionato de España de Rallys chega a súa cuarta proba puntuable, o Rally Rías Baixas, coa clasificación moi apertada. Javi Pardo, coa misión de defender o liderado, acadou a mellor marca no treito de cualificación, a pesar de ter algún susto durante a xornada matinal. O de Allariz, copilotado por De la Puente, rexistrou un tempo de 2,21,082. Pepe-David foron segundos, con 2.21.126, e Cohete-Pin, terceiros no mesmo segundo, cunha marca de 2,21,180.
Esta tarde comeza a acción cos treitos de Pontecaldelas-Barbudo (17,03 e 20,52) e Pontecaldelas-Vilarchán (17,54 e 21,43) a dobre pasada.